A cita está organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do Concello na Pista Ecuestre
A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá, e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, polo concelleiro Alfredo Fernández, e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza a cita cabalar coa colaboración da administración local.
A competición arrincará ás 10:30 horas, e irán sucedéndose as carreiras nas diferentes categorías (sub 16, serrada +1,50, serrada -1,50, chapeada +1,50, chapeada -1,50; con premios para os mellores en cada modalidade e tamén recibirá trofeo o xinete que consiga bater o mellor rexistro da pista fixado en 29,76 segundos.
O prazo para anotarse remata o 9 de xullo e as persoas interesadas poden facelo por a través dos teléfonos 657256408 ou 677539285.
Desde o Concello de Cervo animan a todos os afeccionados do mundo ecuestre a participar desta experiencia que encherá de vida Cervo, grazas ao traballo da asociación Cabaleiros da Bidueira; nunha carreira na que o público tamén será protagonista e poderá desfrutar dunha xornada chea de beleza, tradición e bo ambiente nunha carreira que non só enaltece a beleza e destreza do cabalo galego, senón tamén o traballo e dedicación das persoas que manteñen viva esta disciplina tan nosa.