Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou nas instalacións de Apaga a xuntanza do proxecto europeo Theide na que participan profedores chegados desde Turquía, Croacia, Italia e Portugal

Ribadeo, 14 de xullo de 2025. Ata o venres celébrase en Ribadeo unha xuntanza do proxecto europeo Theide, que coordina Apaga. Ao encontro asisten 15 profesores procedentes de países como Turquía, Croacia, Italia e Portugal.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “teremos xornadas pola mañá técnicas e pola tarde haberá unha serie de actividades de tipo cultural, como a subida en barca hasta a Ría de Abres, unha visita a Taramundi, ao Museo do Mar de San Ciprián, a Sargadelos ou á praia das Catedrais, en Ribadeo”.

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, asistiron ao acto inaugural desta xuntanza de traballo. Déronlles á benvida, animáronos a visitar Ribadeo, a coñecer as súas tradicións, a súa cultura e a súa gastronomía e desexáronlles unha feliz estadía en Ribadeo.

Exit mobile version