Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez Dirixe en Sudáfrica o Mundial Sub 17

Viveiro, 21 de xullo, 2025. Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Celeiro-Viveiro 1991) oficial de operacions da UIPM encontrase en Johannesburgo (República Sudáfricana).

O mariñao foi designado como supervisor do Campionato do Mundo Sub 17 que ten lugar nesta Cidade, e que xa inclúe despois dos Xogos Olimpicos a modalidade de obstáculos. Na cita encontraranse máis de cento cincoenta deportistas de diferentes paises do mundo que destacan pola súa adaptación á nova disciplina de obstáculos, a cal está a ter unha gran acollida.

Tamén se están a ultimar os preparativos para o Mundial Elite de obstáculos, que terá lugar en China, e que posiblemente teña ao viveirense como oficial supervisor. Este evento contará con máis de 1000 participantes nunha das modalidades máis duras, que pasa a depender por orde do Comité Olímpico Internacional da UIPM.

Exit mobile version