Viveiro sigue sen solucións
No caso de Viveiro siguen as concentracións quincenais diante do centro de saúde desde a gran manifestación do pasado 23 de marzo, dado que desde o Sergas non se adoptou ningunha medida efectiva para ter umha atención completa na vila maís grande da Mariña, algo que desde o BNG consideran inaudito e unha auténtica burla a todos os veciños de Viveiro, O Vicedo e Ourol, os dous últimos tamen con moitos problemas nos seus centros de saúde e que dependen do PAC de Viveiro.
Situación grave na Pontenova
É moi grave a situación da Pontenova, tal como apuntou Xorxe Gómez Rico, portavoz municipal do BNG na localidade: “imos estar polo menos quince días sen médico e remítennos a Riotorto polas mañás, donde hai un só médico, que é co que nos pretenden dar atención polas tardes. Esto non tén pés nin cabeza” En términos semellantes pronunciouse a portavoz municipal en Riortorto, Vanesa Gómez Lourido, que recordou que “en Riotorto levamos varios cun só médico, que está xa en prórroga de xubilación, e esta nova situación que se dá na Pontenova tampouco nos axuda nada”