Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel García achegouse á Baixada de Carrilanas da Pontenova, que reuniu uns 120 participantes de distintos países europeos

A Vicepresidencia da Deputación colaborou co Club Motoreo na organización da proba

A Pontenova, 27 de xullo de 2025. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta mañá á Pontenova para seguir a última xornada do Descenso de Carrilanas da Pontenova, organizada pola Club Motoreo co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova.

A competición, que contou nesta edición coa bitola de Campionato Europeo, reuniu máis de 120 participantes, entre eles, ademais dunha quincena de pilotos do concello e da contorna, representantes de Letonia, Bélxica, Francia ou Italia, que chegaron á vila durante xa durante a semana.

Daniel García recoñeceu “o traballo do Club Motoreo e das persoas que colaboraron na organización da proba, que require un despregue de recursos e de persoas moi importante” e destacou “o impacto da competición na vila, na que xa se notou o ambiente da Baixada ao longo da semana coa chegada dos participantes internacionais e cos espectáculos de maxia que Motoreo programa en paralelo á organización da proba”

A proba trascorreu entre Vilar das Pedras e a rúa do campo da Feira, na Pontenova, acondicionado para garantir a seguridade dos pilotos. Os participantes máis rápidos baixaron a unha velocidade media de 77 quilómetros por hora.

A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación achegou 3.000 euros á organización da proba.

Exit mobile version