Nesta edición “Mañás Activas” conta con 56 participantes dende o día 1 de xullo ata o vindeiro 29 de agosto para a rapazada a partir de 10 anos.
Dentro da súa programación teñen robótica educativa, campamento dixital, multideporte e saídas a Roq Sport para gozar de actividades ao aire libre. Así como, unha viaxe a Oleiros o día 13 de agosto para gozar dunha mañá nas instalacións de Urban Planet. Tamén visitarán o Karting de Arifran o día 9 de xullo.
O programa de verán conta tamén con actividades deportivas para variado rango de idades como son full body, ximnasia para maiores, pilates, curso de pádel e multideporte.
Dentro da programación de Xuventude hai un campamento de tres días en Morás, unha excursión ao Urban Planet, unha visita ao Karting de Arifran e unha viaxe ao Aquapark de Cerceda. Completan a variada oferta de actividades de xuventude as monitorizadas por Roq Sport: parque de aventura, paintball e sup e big sup.
O Concello de Xove tamén oferta actividades para gozar en familia, os “Domingos a Remollo” na praia de Lago os días 6, 13, 20 de xullo e 3, 10 de agosto.