O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comentou que “aínda quedan algunhas prazas libres para participar neste Campus do Real Oviedo, que se desenvolverá do 7 ao 11 de xullo no Campo do Outeiro, na Devesa, en horario de 9 a 14 horas”.
As persoas interesadas poden obter máis información na web www.campusrealoviedo.es
O edil ribadense aludiu “a ampla oferta de campus de fútbol e doutras disciplinas deportivas que durante este verán se desenvolven en Ribadeo, grazas ás instalacións deportivas coas que contamos. É un orgullo poder acoller esta formación para as nenas e os nenos de Ribadeo e toda a contorna, tanto de Galicia como de Asturias”.