Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregadas ao Concello de Burela as bandeiras azuis que recoñecen a calidade das súas praias

Foz, 8 de xullo de 2025. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entregou hoxe aos Concellos de Foz e Burela as bandeiras azuis concedidas este ano pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac). Arias participou nos respectivos izados nas praias da Rapadoira (Foz) e A Marosa (Burela).

En Burela, a bandeira ondeará nas praias da Marosa e O Portelo. Neste municipio tamén foron distinguidos como centros azuis o Barco Museo Reina del Carmen e o Centro de Educación Medioambiental Gaia.

Con esa última categoría, Adeac destaca o labor realizado por aulas de natureza e de mar, espazos de recepción de visitantes ou instalacións similares dedicadas á educación ambiental en municipios relacionados co programa Bandeira Azul.

Arias lembrou que A Mariña suma 25 recoñecementos outorgados por Adeac este ano, entre as bandeiras azuis a 16 praias; o porto deportivo de Ribadeo; os dous centros de visitantes de Burela e seis rutas galardoadas no marco do programa de sendeiros azuis.

Exit mobile version