No caso do Valadouro, trátase dunha vivenda de catro dormitorios situada na rúa José Antonio Ferreiro González. Ten 90 metros cadrados e conta con praza de garaxe e rocho. No que respecta a Barreiros, entregouse unha vivenda na rúa da Praia, con 88 metros cadrados de superficie, tres dormitorios e aparcamento.
Arias destacou que en canto un inmoble queda vacante, axilízanse todos os trámites necesarios para poñelo a punto e volver adxudicalo canto antes. Tamén salientou que a Xunta está a traballar en novos proxectos para crear máis residencia de promoción pública a prezos accesibles, tanto en réxime de alugueiro como de compravenda.
As persoas interesadas en optar a estes recursos deben inscribirse gratuitamente no Rexistro Único de Demanda