Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores preséntase en Ribadeo o libro “Pedras da memoria”

Será ás 20 horas no salón de alcaldes do Concello

Ribadeo, 20 de xullo, 2025. Este libro recolle a investigación sobre os ribadenses vítimas da represión, realizado por Miguel Freire Sitjas e Ramón López Pérez que deu lugar á colocación das Pedras da Memoria / Remembrance Stones

O acto realizarase o mércores 23 de xullo de 2025, coincidindo con o 89 aniversario do asalto de Ribadeo por parte das forzas golpistas en 1936.

Intervirán no acto o alcalde de Ribadeo Daniel Vega e os autores do libro Ramón López Pérez e Miguel Freire Sitjas.

A investigación deu lugar a que o 31 de marzo de 2022 foran colocadas nas rúas e parque de Ribadeo coarenta “Pedras dá Memoria” (Remenbrance Stones) lastras con placa, que representan a cada unha das coarenta persoas vinculadas a Ribadeo que pereceron como consecuencia da brutal represión, exercida dentro e fóra desta vila polas forzas golpistas en xullo de 1936 e a ditadura que se implantou en España.

Esta homenaxe de dignificación dos ribadenses, vítimas mortais do franquismo, no que participaron investigadores, alumnos de talleres municipais, familiares e veciños, foi promovido polo alcalde Fernando Suárez Barcia, colocando a Ribadeo como primeiro municipio de Galicia en unirse ao proxecto internacional “Stolpersteine” iniciado polo artista alemán Gunter Demnig.

Como consecuencia desta investigación os familiares de Manuel Mon Miranda e Justo Fernández Suárez puideron recuperar aos seus seres queridos grazas ao traballo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), e co apoio do actual alcalde Daniel Vega puideron ser entregados ás súas familias nun acto de xustiza e reparación realizado na Casa do concello o 14 de outubro do 2024.

Este libro lembra unha por unha, a estas vítimas caídas no esquecemento, grazas ao esforzo realizado polos investigadores Ramón López Pérez e Miguel Freire Sitjas.

A súa prioridade é recuperar a memoria e dignidade dos republicanos asasinados, prestar apoio ás súas familias e ser unha achega á memoria histórica local ribadense.

Exit mobile version