O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños a organizamos neste 2025 xunto co Celta Barreiros e preparamos un sábado cheo de actividades”.
O programa deseñado para o 5 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de polo entorno de Santo Estevo ás dez da mañá. Á unha do mediodía teremos misa cantada e logo procesión. Despois ás 13:30 horas degustación gratuíta de torresmos e ás 14 horas grande churrascada. Xa para as tres da tarde está previsto o xantar popular e ás cinco teremos xogos de mesa”, relatou Gómez Puente.
Para o presidente da asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros “é moi importante manter as tradicións e as crenzas, polo que invito a que os veciños e as veciñas do noso concello e aos visitantes que pasan o verán pola zona, a que se acerquen e participen en harmonía, tranquilidade, paz e amizade, estados aos que nos achega este paraxe máxico, que é o Santo Estevo do Ermo”.