Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado celébrase a Copa de Galicia Pumptrack 2025-II G.P Concello de Xove

Xove, 1 de xullo, 2025. Este sábado 5 de xullo, o Concello de Xove xunto con Sportskids, volven organizar unha das probas da Copa de Galicia Pumptrack 2025 a cal este ano e puntuable para o ranking nacional da Real Federación Española de Ciclismo e non deixarán indiferente a ninguén, denominada Copa de Galicia Pumptrack 2025-II G.P Concello de Xove

O Pumptrack de Xove é dos mais punteiros de Galicia e actualmente está entre os 3 favoritos de todos os riders galegos.

O Concello de Xove un ano máis aposta por esta modalidade de ciclismo e por traer xente de toda España e Portugal.

Desde o Concello e desde a organización esperan que todos os ciclistas que se desprazarán para a proba, chegados de toda a xeografía ibérica, gocen dun gran evento.

A proba poderá ser seguida en vivo a través de Youtube, para que ninguén se perda unha das mellores probas do panorama galego.

Exit mobile version