Terá lugar na Conservera ás oito da tarde e participarán catro grupos formados por alumnos do Conservatorio Profesional de Música
Participarán os grupos Los jueves, con versións de pop español de bandas como Tequila ou Los Ronaldos; Spiking Toxos, cun estilo próximo ao rock clásico; Nervio, que mestura sonoridades do rock e do heavy metal suave; e Golpe de Efecto, grupo de pop que interpretará versións e tamén algún tema propio.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, sinalou que «o Cultur Fest é unha mostra do talento musical dos máis novos e do labor que realiza o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, ademais dunha oportunidade para gozar coa música ao vivo e apoiar aos futuros artistas da nosa contorna».