Site icon Crónica3.com A Mariña

Falece un bañista tras ser rescatado da auga na praia de Llas, en Foz

Un home faleceu este domingo tras ser rescatado inconsciente da auga na praia de Llas, no concello de Foz. O aviso chegou ao 112 Galicia ás 17:15 horas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaban de que acababan de sacalo da auga. Nese momento, estaban practicándolle manobras de reanimación, pero, malia os esforzos, só puideron confirmar o seu falecemento. No operativo interviñeron os servizos sanitarios e axentes da Garda Civil. Tamén se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Exit mobile version