Site icon Crónica3.com A Mariña

Falece unha muller mentres practicaba mergullo en Rinlo

Ribadeo, 15 de xullo, 2025. A vítima saíu para pedir axuda e despois perdéuselle o rastro.

Así o contou unha amiga que a acompañaba a través da súa chamada de auxilio ao 112 Galicia. Pasaban das cinco desta tarde.

Atopábanse en Rinlo, Ribadeo. Segundo relatou, a compañeira meteuse na auga para práctica do mergullo e, dado un momento, saíu para pedir axuda, pero perdeuna de vista decontado. Foi nese instante cando chamou ao 112 e pediu axuda.

A partir de aí, activouse un operativo de busca, que incluíu os seguintes organismos e medios e recursos: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, socorristas de Ribadeo e Barreiros, Protección Civil de Ribadeo, Policía Local, Garda Civil e rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca II.

Finalmente, localizaron a muller no interior dunha cova. Tras o rescate, trasladárona á base do Pesca II en Celeiro, pero xa sen vida. A noticia causou un grande impacto na amiga que a acompañaba, que tamén necesitou asistencia médica, e mesmo foi solicitada a axuda do grupo de psicologos especializados en catástrofes e emerxencias, GIPCE, para informar á familia.

Exit mobile version