Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Kanacri faise co XI Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial Jose Luis Yebra

oplus_0

Burela, 28 de xullo, 2025. O XI Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial Jose Luis Yebra pechouse co triunfo de Fernando Kanacri sobre Rubén Blanco co abandono de Rubén por lesión cando estaba ao saque, gañando 5-4 no segundo set.

Interesante partido disputado na Cancha Jose Luis Yebra da Marosa, con puntos de calidade por ambos lados e lixeira superioridade de Rubén que gañou 6-4 no primeiro set e gañaba 5-4 no segundo antes de retirarse.

Fernando suma un título máis aos conseguidos en 2021, 2023 e 2024 noutras tantas finais.

Na Final de Dobres, disputada na tarde do sábado, Rafael Marful e Rubén Blanco derrotaron en dous sets a Jose María Pérez e Jose Ramón Veiga por 6-2 e 6-2.

Na categoría sub-10, Thiago Da Silva venceu por 4-1, 1-4 e 4-3 a Dani Expósito.
Na categoría sub-14, Leo Rodríguez venceu por 6-1 e 7-6 a Marcos Mogo.
Na categoría sub-17, Daniel Fernández venceu por 6-4 e 7-5 a Laura Kanacri

O XI Torneo Memorial Jose Luis Yebra, organizado polo Club Tenis-Padel A Marosa coa colaboración do Concello de Burela, pechouse coa entrega de trofeos e cos actos de homenaxe á Familia de Jose Luis Yebra mediante a entrega dunha medalla conmemorativa.

Exit mobile version