Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz recibe as cinco bandeiras azuis concedidas ás praias do municipio

Foz, 8 de xullo de 2025. A concelleira de Turismo de Foz, Kathy Navarro, recibiu hoxe, martes, as cinco bandeiras azuis concedidas pola organización ADEAC que distinguen a calidade das praias do concello. Este ano foron destacadas con este distintivo Rapadoira, Llas, Peizás, Pólas e Areoura.

A calidade das augas -excelente-, o gran número de servizos e a adaptación da praia urbana de Foz para persoas con minusvalía fan que os areais de Foz se distingan como entre os máis valoradas do país. O Concello de Foz prefire, un ano máis, priorizar a vixilancia do maior número de praias posible fronte aos requisitos da ADEAC, por iso vai a renunciar a izar as bandeiras recibidas, mantendo o seguinte servizo de salvamento: As praias da Rapadoira e Llas terán servizo de socorrismo de luns a domingo, en horarios de 13 a 19 horas entre semana e de 12 a 20 horas as fins de semana. As praias de Areoura, Peizás e Pólas contarán con servizo de socorrismo ou primeiros auxilios entre semana de 13 a 19 horas e sábados e domingos de 13 a 20 horas, excepto os luns -Areoura-, martes -Pólas- e xoves -Peizás-, nas que non haberá servizo eses días por descanso do persoal.

O Concello de Foz prevé que este verán a cifra de visitantes sega en aumento, superando cada ano ao anterior. A oficina de turismo situada no Cenima comezou o 1 de xullo o servizo de atención ao público tanto de mañás coma de tardes con aumento na plantilla e repartindo novos planos turísticos informativos, como é o renovado novo rueiro municipal.

Prégase que tódalas persoas usuarias das praias fagan un uso responsable das instalacións e avisen ante calquera incidencia.

“Estou convencida que Foz, unha vez máis, será o referente da Mariña polas súas magníficas praias e o seu comercio e restauración. Agardo que teñamos un verán sen incidencias, polo que pido a todos os bañistas que extremen a precaución e atendan ás indicacións do persoal de salvamento. Quero agradecer a todo o persoal que está traballando arreo para que todo saia adiante”, di a concelleira de Turismo, Comercio e Sanidade do Concello de Foz, Kathy Navarro Machado.

Exit mobile version