Ana Rojo engade que “o obxectivo que se persegue dende o Concello é que calquera persoa posible vítima de acoso ou agresión reciba acompañamento de maneira áxil e segura con atención personalizada. Este espazo estivo atendido por un equipo de profesionais técnicas: unha psicóloga, unha integradora social formada no eido da igualdade e unha coordinadora. O punto violeta estivo situado debaixo do edificio de Servizos Sociais e do bar náutico. Conxuntamente realizouse unha enquisa por franxa de idades entre mulleres e homes para valorar o nivel de preocupación e de información do que dispoñen as persoas sobre como actuar fronte a determinadas situacións de acoso ou de agresión”.
O Concello de Foz busca “crear un ambiente de confianza difundindo os valores da igualdade do respecto e convivencia, fomentando festas libres de violencia machista, coa cultura do respecto e coidado mutuo”.