A responsable provincial aproveitou a súa intervención no acto para valorar a oportunidade que ofrece o Ribadeo Indiano para atoparse coa nosa historia e recoñecer o legado social e cultural da emigración.
A area de Cultura da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo apoia a organización do Ribadeo Indiano a través dun colaboración de colaboración con ACISA, que contribúe ao financiamento da decoración das rúas, prazas e negocios con bandeiras, flocos e faroliños e da programación de actividades culturais e musicais como a xincana indiana e o espazo de xogos tradicionais no parque de San Francisco.
A Vicepresidencia da Deputacion de Lugo tamén colabora a través desta subvención excepcional no financiamento da viaxe a México que ACISA sorteará entre a clientela da restauración e o comercio ribadense o domingo, durante o concerto de Los Van Van, que pecha a programacion deste ano.