No programa Enredando do Verán de Cervo, os nenos e nenas tamén desfrutan de clases de teatro e debuxo, onde poden dar renda solta á súa imaxinación, expresarse libremente e descubrir novos talentos creativos.
redac
A través do xogo, a arte e a interpretación, desenvolven habilidades sociais, fomentan a autoestima e, sobre todo, pásano xenial. A creatividade é protagonista neste verán cheo de diversión e aprendizaxe.