Site icon Crónica3.com A Mariña

Numeroso público no concerto do Día da Patria que ofreceu este venres a Banda de Ribadeo

Ribadeo, 26 de xullo de 2025. A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, congregou a numeroso público no tradicional concerto do Día da Patria que ofreceu onte, venres, no Campo de San Francisco ribadense.

A Banda de Ribadeo interpretou estes temas: Lela, de Rosendo Mato Hermida; Obertura 1812, de Piotr Ilich Tchaikovsky con arranxos de Mark Williams; Arabian dances, de Roland Barret; Solamente una vez, de Agustín Lara e arranxada por Robert Longfield; Cha cha – Cuba libre, de Günter Noris; Fantasía sobre tres temas galegos, de Simón Couceiro Riveira; ¡Música mestres!, de Juan Lois Diéguez. Ademais de bis tocou Panxoliño, dos irmáns Groba, e rematou a actuación co himno galego.

O director pediu un forte aplauso para os músicos da Banda ribadense porque “despois de todos os concertos que tivemos neste mes están tocando con tanto aire”. E agradeceu a Xera, Wilmar e Francisco “a súa boa disposición sempre para montar todo o necesario para o concerto”.

Exit mobile version