O voceiro do BNG de Ribadeo, Pablo Vizoso explica: “Seguimos vendo como o alcalde de Ribadeo incumpre sistematicamente a normativa sen importarlle as consecuencias. Puidemos comprobar como a Dirección Xeral do Patrimonio requeriu o Concello a dar explicacións sobre esta actuación que até pode acabar nun novo expediente sancionador e, aínda por riba, en vez de asumir o seu erro, dedícase a facer declaracións fantasiosas sobre un terreo que está destinado a uso residencial para vivendas e que tanto necesita Ribadeo”.