Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que a oficina de turismo de Lourenzá está pechada en pleno verán

O BNG esixe ao goberno laurentino unha solución inmediata a esta situación que era totalmente previsible

Lourenzá, 1 de xullo 2025. En pleno inicio da temporada estival, a Oficina de Turismo de Lourenzá tén as portas pechadas debido á falta de persoal para atendela, que sería un técnic@ ou informador de turismo. Desde o BNG advirten da falta de previsión neste tema por parte do goberno local, pois a traballadora que desempeñaba estas funcións vén de acollerse ao seu permiso regulamentario.

Deixadez por parte do Concello

Califican de deixadez total e absoluta a actitude do concello que provocou esta situación anómala, co conseguinte perxuizo para os visitantes e turistas.“Non é de recibo que nun concello coma Lourenzá con tanta riqueza patrimonial que mostrar, os visitantes e especialmente o alto número de peregrinos atopen as portas da Oficina de Turismo pechadas, cando esto podería terse evitado se existira un mínimo de planificación” manifestou a edil nacionalista Belén Fanego.

Para o Concello, a Oficina de Turismo foi sempre un servizo fundamental e non se entende moi ben esta situación na que se atopa agora, e sen que desde o goberno municipal se contemple ningunha alternativa.

Preguntan desde o BNG se non existe no concello unha bolsa de emprego para poder resolver temporalmente situacións coma esta, ou se o concello fixo algunha xestión no Servizo Público de Emprego Galego e se alí podía haber algún traballador ou traballadora apto para esta ocupación temporal.

Os nacionalistas instan pois ao concello a actuar xa na procura dunha solución que garanta a apertura da oficina de turismo durante este verao.

Exit mobile version