Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo acomete unha renovación integral da varanda do Parque das Lobeiras

A actuación foi financiada a través de fondos municipais e supón unha importante mellora estética e funcional neste espazo natural frecuentado pola veciñanza

Cervo, 21 de xullo do 2025. O Concello de Cervo vén de acometer a reposición e renovación integral de toda a varanda do Parque das Lobeiras, en Cervo; unha actuación financiada integramente con fondos municipais.

Os traballos consistiron na substitución completa da estrutura anterior por unha nova varanda de ferro, un material que ofrece maior durabilidade, resistencia e seguridade, ademais de requirir un mantemento mínimo. A nova instalación supón unha importante mellora estética e funcional neste espazo natural tan frecuentado pola veciñanza.

Tal e como sinalou a rexedora, Dolores García Caramés, esta intervención responde á vontade de seguir mellorando as infraestruturas municipais, especialmente aquelas que forman parte dos espazos de lecer e convivencia cidadá; era unha obra necesaria que executamos integramente con fondos propios para dar unha resposta áxil e eficiente á demanda da cidadanía e garantir a seguridade nesta contorna pública.

Con esta actuación, o Concello de Cervo reafirma o seu compromiso coa mellora continua dos espazos públicos e coa aposta por materiais de calidade e duradeiros.

Exit mobile version