Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo convida a participar nas Festas da Santa Isabel de Lieiro que se prolongarán durante toda a fin de semana

A cita será no Guioncho, e contará coa mellor animación musical

Cervo, 3 de xullo de 2025. A parroquia de Santa Isabel de Lieiro xa está preparada para vivir a fin de semana máis importante do ano, coa celebración das Festas na Honra de Santa Isabel, que se celebrarán esta fin de semana, desde este venres 4 de xullo, ata o luns 7.

A tradicional cita do verán cervense foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da Asociación Cultural Comisión de Festas de Lieiro, que se encarga da organización, coa colaboración do Concello.

O programa arrincará mañá venres ás 23.00 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Dj Alejando Martínez e Conxuro discomóvil.

O sábado, 5 de xullo, a xornada comezará ás 13:00 horas coa misa solemne na capela do Gioncho e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú  a cargo da orquestra Ritmo Joven.

Chegada a noite, as orquestras Panorama e Ritmo Joven amenizarán a verbena desde as 22.30 horas.

O domingo, 6 de xullo, a misa solemne está prevista para as 12.30 horas, na Igrexa Parroquial de Lieiro cantada pola coral Terra Mar, seguida de precesión e ao termo do acto será o Grupo Da Silva, o que amenizará a sesión vermú.

Entrada a noite, as orquestras Gran Parada e Waikas porán a nota musical desde as 22.30 horas.

O luns, 7 de xullo, último día da festa, o grupo Mistura de Lieiro actuará ás 19:00 horas, seguido da popular sardiñada, que comezará ás 20:00 horas. Chegada a noite Tania Veiras e a orquestra Galilea amenizarán a verbena desde as 21.30 horas.

Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a sumarse a esta gran festa, “un evento máis que consolidado como un clásico do verán no noso concello que edición tras edición conta cun cartel inmellorable”.

A alcaldesa, tamén quixo felicitar aos membros da Comisión, “formada por unha mistura enriquecedora de idades que reflicte o compromiso interxeracional coa promoción da nosa cultura e desexoulles unhas festas cheas de éxito e participación, que sigan facendo da Santa Isabel un referente no noso municipio e en toda a bisbarra”.

Exit mobile version