As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude ata o día 20 de agosto.
O programa Madrugadores funcionará entre as 8:00 e as 9:30 horas, permitindo que os nenos e nenas poidan chegar ao colexio con antelación ao inicio das clases. Pola súa banda, o programa Ludiseráns desenvolverase en horario de 15:30 a 19:00 horas, unha vez finalizada a xornada lectiva.
Ambas iniciativas estarán dispoñibles desde o primeiro ata o último día lectivo do curso escolar, e están dirixidas ao alumnado do colexio de Trabada, desde 1º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “desde o Concello seguimos apostando por programas de conciliación que consideramos de vital importancia. Sabemos que moitas familias necesitan apoio para compatibilizar os seus horarios laborais co calendario escolar, e por iso facemos un esforzo continuado por manter estes servizos activos e accesibles”.
O Concello de Trabada reafirma así o seu compromiso coa conciliación e co apoio ás familias do municipio, ofrecendo alternativas que favorecen a igualdade de oportunidades e melloran a calidade de vida da veciñanza.