Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro lembra que está prohibido abandonar residuos voluminosos na vía pública

Viveiro, 21 de xullo de 2025. O Concello de Viveiro lembra á veciñanza a importancia de manter limpas as rúas e espazos públicos, e informa de que o abandono de residuos voluminosos, como mobles, colchóns ou electrodomésticos, está expresamente prohibido segundo a Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos.

Co obxectivo de garantir a limpeza viaria, a seguridade cidadá e o respecto ao medio ambiente, o Concello pon á disposición da cidadanía dous servizos gratuítos para a xestión responsable destes residuos:

Servizo gratuíto de recollida de voluminosos a domicilio. Para facer uso del, as persoas interesadas deberán solicitar a recollida chamando ao número de teléfono 697162637 ou medios habilitados polo Concello

Entrega directa no Punto Limpo municipal, sen necesidade de cita previa, dentro do seu horario de apertura.

Desde o Concello lémbrase tamén que depositar residuos voluminosos na rúa sen autorización pode ser sancionado:

Como infracción leve, con multas de ata 750 euros.

Como infracción grave, con multas de ata 1.500 euros, no caso de reincidencia ou risco para a saúde pública ou o medio ambiente.

A alcaldesa, Mariña Gueimunde, destaca que “a colaboración cidadá é clave para manter Viveiro limpo, seguro e agradable para todos. Cuidar do noso entorno é unha responsabilidade compartida”.

Este recordatorio emítese ao abeiro da Ordenanza Municipal actualmente en vigor, e terá carácter informativo.

Exit mobile version