No acto intervirán Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Carmela López, Deputada da área de Economía, Facenda e Especial de Contas da Deputación de Lugo; Pablo Junceda, Director Xeral do Banco Sabadell Gallego; Francisco Cajoto, Alcalde do Concello de Foz; Enrique Rodríguez Baixeras, Presidente da Fundación Xesús Bal y Gay; e Alba Rodríguez, Directora do Festival Bal y Gay.
O ‘XII Festival Bal y Gay’ presentará este ano 11 concertos. Cuarteto Casals, Cuarteto Quiroga, Denis Kozhukhin, Sara Blanch, Núria Rial, Leticia Moreno, Marco Mezquida, Borja Quiza ou o grupo especializado Los Elementos baixo a dirección de Alberto Miguélez Rouco brilan nunha programación repleta de grandes grupos e solistas españois de recoñecido prestixio internacional con cabida tamén para agrupacións sinfónicas (Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias) ou corais (Coro da Comunidad de Madrid) destacadas a nivel nacional.