Lara Méndez levará ao Parlamento de Galicia o recorte drástico das políticas de cohesión no presuposto comunitario proposto polo PP en Bruxelas
A responsable socialista esixiulle a Rueda que explique “a que foi a Bruxelas” na súa última viaxe, na que “como estamos a coñecer agora, o resultado da viaxe foi realmente negativa para Galicia”. Alude así á proposta do PPE para o Marco Orzamentario do período 2028 – 2035, que supón a redución dos fondos de pesca a unha terceira parte, pasando de 6.000 a 2.000 millóns de euros, e un recorte do 23 por cento na PAC, que perde 80.000 millóns de euros.
Ademais, advirte que Galicia vai perder autonomía “grazas á Comisión Europea máis de dereitas da historia” baixo o control do PPE, que ten a maioría no órgano de goberno comunitario, ademais das carteiras de Pesca, Agricultura, Orzamentos e a propia Presidencia do órgano. Con esta proposta, o PP quítalle ás comunidades autónomas a xestión dos fondos, co que Galicia, por exemplo, “quedaría sen xestionar fondos Feder”.
Méndez cuestiona as xestións do presidente galego en Bruxelas, onde “volveu demostrar unha alarmante falta de capacidade e de xestión”. Lembran que o comisario de Pesca da UE, o seu compañeiro de partido Costas Kadis, mantivo a semana pasada unha visita a Galicia na que “polo visto nin a Rueda nin á conselleira de Pesca se lles ocorreu mencionarlle a necesidade dun orzamento forte dos fondos pesqueiros”.