A portavoz popular advirte da “falta de atención, de coidado e de medidas de seguridade por parte do goberno local neste espazo propiedade do Concello” con portas e ventás das distintas construcións rotas ou forzadas
A portavoz, Eugenia Requeijo, avanza que “solicitaremos de xeito formal información para que o goberno local aclare se presentou denuncia polos danos nestas edificacións propiedade do Concello nas que, dende a vía pública, se aprecian portas e ventás rotas ou forzadas”.
A popular cre que “hai que adoptar medidas para evitar que se siga danando e perdendo valor”. De feito, pide que “o goberno local manteña a aldea coidada e en boas condicións”, que “adopte medidas de seguridade” e que “se manteñan pechadas as distintas construcións”.