Novos coordinadores e coordinadoras comarcais:
A MARIÑA – María Loureiro García
LEMOS – José Luis Losada Fernández
LUGO – Ana Mª González Abelleira
MONTAÑA – Teresa Fernández Pérez
SARRIA – Diego López López
SUROESTE – Rafael García Figueiras
TERRA CHÁ – Sonia Verdes Gil
A Vicesecretaria Xeral e Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, destacou que “esta renovación fortalece a estrutura territorial do partido e achega máis cohesión ao traballo político que se desenvolve desde abaixo”. Porto subliñou que “cada comarca escolleu persoas comprometidas, con experiencia e coñecemento do seu entorno, preparadas para dinamizar a actividade das agrupacións locais e acompañalas no seu día a día”.
“A coordinación comarcal é unha peza clave para vertebrar o partido, facer seguimento da realidade municipal e servir de ponte entre a militancia e os órganos provinciais”, engadiu.
Para García Porto, este proceso confirma que o PSdeG-PSOE “é un partido vivo, participativo e pegado ao territorio”, e reforza a idea de que “a acción política efectiva constrúese desde a base, coa implicación da militancia e cun proxecto común de futuro para Lugo”.
Desde a dirección provincial destacan que esta nova estrutura facilitará a coordinación interna, a dinamización política e a presenza activa do PSdeG-PSOE en todo o territorio.
“As persoas escollidas representan o mellor do noso partido na provincia: coñecen o terreo, teñen traxectoria no partido e contan coa preparación e a motivación necesarias para liderar esta nova etapa e facer avanzar o proxecto socialista en Lugo”, concluíu García Porto.