Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Viveiro agradece o pulo da nova comisión organizadora da Festa da Merluza de Celeiro, e lembra que a carpa onde se vai celebrar foi xestionada e licitada polo anterior goberno

Viveiro, 18 de xullo, 2025. Desde o PSOE de Viveiro parabenizan e agradecen públicamente á nova comisión organizadora da Festa da Merluza, que retoma este ano unha das citas gastronómicas máis emblemáticas do Concello e da provincia.

“Sabemos ben o esforzo, dedicación e o tempo que require sacar adiante unha festa destas características, polo que trasladamos o noso recoñecemento a todas as persoas voluntarias que están a traballar, especialente aos veciños e veciñas de Celeiro, que son a alma de esta celebración”.

“Logo de que no pasado ano a festa non se celebrara, é unha boa nova que se reactive este evente declarado de interese turísitico autonómico, que destaca pola variedade e calidade das elaboracións feitas a partir dun producto estrela como é a merluza de Celeiro”, engaden.

“Queremos lembrar tamén que desde hai varios anos, a festa xa non se pode realizar na lonxa vella, xa que Portos de Galicia fixo unha remodelación e está destinada a outras actividades”.

É por iso que o Concello presido polo goberno socialista asumiu a carpa que permitía garantir a celebración da festa en condicións axeitadas.

No anterior mandato, a anterior Alcaldesa María Loureiro reuniuse coa comisión organizadora en canto retomaron a actividade, e comprometeuse desde o primeiro momento a colaboración municipal para instalar a carpa. “Esa carpa está hoxe xa montada grazas a que foi licitada e consignada económicamente polo anterior goberno, antes da moción de censura do pasado mes de marzo”.

Exit mobile version