Rematouse a instalación do novo deshumidificador, paso necesario para o aproveitamento correcto da infraestrutura
Os traballos sufriron atrasos debido aos efectos que a Dana de Valencia causou na empresa adxudicataria, o que obrigou a reestruturar os prazos de execución. «Foi unha actuación necesaria para garantir o bo funcionamento das instalacións e mellorar o servizo que se ofrece á veciñanza», sinalou a alcaldesa Mariña Gueimunde.
A superficie do vaso ten 72 metros cadrados e o seu uso viuse interrompido desde comezos de 2024. A alcaldesa Mariña Gueimunde visitou hoxe a piscina acompañada por Vicente Vázquez, concelleiro de Obras, Parques e Xardíns; María Loureiro, voceira do PSdeG local; e Manuel Galdo, concelleiro de Por Viveiro.
Os traballos enmárcanse nun plan máis amplo que inclúe melloras en accesibilidade, seguridade e equipamento de ximnasio. A alcaldesa agradeceu «o apoio da Deputación Provincial» e afirmou que agardan «con expectación que se asinen novos convenios dos que se beneficie a veciñanza de Viveiro».