Os profesores do curso foron cinco destacados músicos: o batería Sergio González, o saxofonista Pablo Castaño, o guitarrista Felipe Villar, a pianista Cristina Montull e a vocalista Ángeles Dorrio. E entre o alumnado, ademais de ribadenses, houbo participantes doutras localidades como Foz, Vegadeo, Castropol e A Coruña.
O presidente da asociación Bruar, Rubén Solloso, fixo un balance do curso “moi positivo, cunha matrícula dentro do esperado e moi ben distribuída por seccións, o que nos permitiu que os tres días de traballo foran moi produtivos”. E sobre o concerto de clausura comentou: “creo que tanto participantes como público disfrutaron dun rato moi entretido; segundo algún dos músicos, foi un concerto onde se sentiu enerxía no escenario”.