Site icon Crónica3.com A Mariña

OPSOE de Viveiro “coa veciñanza en defensa da sanidade pública mentres que a alcadesa volve darlle as costas ó pobo”

Viveiro, 3 de xullo, 2025. O Partido Socialista de Viveiro participou hoxe na concentración convocada diante do centro de saúde de Viveiro “para defender o deterioro da sanidade na Mariña, e moi especialmente en Viveiro”. “A falta de médicos, o peche de habitacións no Hospital da Costa e os continuos recortes están provocar unha situación insostible para a veciñanza que volveu saír á rúa con determinación e dignidade”, afirman.

“Unha vez máis estivemos ao carón dxs nosxs veciñxs, como sempre fixemos no goberno e agora na oposición. E, unha vez mais botamos en falta á Alcaldesa de Viveiro, ausente nun momento no que debería estar a liderar a defensa dos dereitos fundamentais dos veciños/as. A súa ausencia non é casualidade senon unha mostra máis de que antepón os intereses do Partido pPopular ós intereses da veciñanza.

“Dende o PSOE esiximos responsabilidade á Xunta de Galicia que leva anos desmantelando os servizos sanitarios na Comarca pero tamén lle reclamamos á Alcaldesa que se poña de lado dos seus veciños/veciñas, que abandone a pasividade e que defenda Viveiro como merece, por riba das consignas do seu partido”.

Exit mobile version