Site icon Crónica3.com A Mariña

Os días 23, 24 e 26 de xullo terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza Acia Foz-CCA

Foz, 21 de xullo de 2025. Acia Foz-CCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 23, 24 e 26 de xullo.

Durante esas xornadas Fóra Stocks preto de corenta establecementos comerciais sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.

Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 36 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, subliña que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o verán e para a volta o cole a moi bos prezos. Esta é unha campaña tradicional na época estival en Foz, que ten unha grande acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”.

A campaña foi presentada este mediodía. No acto participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.

Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Exit mobile version