Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Viveiro afirman que : “O vaso pequeno da piscina municipal xa está operativo tras unha actuación impulsada polo anterior goberno a través do Plan Deputación”

Viveiro, 9 de xullo de 2025. “O vaso pequeno da Piscina Municipal xa está operativo tras unha actuación impuldada polo anterior goberno municipal presidio por María Loureiro, despois de rematarse a instalación da desumectadora, un proxecto impulsado polo anterior executivo a traves do Plan Deputación de Lugo por un importe de 40.000 €”, explican os socialistas.

“A actuación sufriu demoras debido a que a empresa adxudicataria resultou afectada pola DANA de Valencia tendo que reestructurar o seus prazos de execución. A pesar diso, a obra quedou completamente executada grazas a planificación e tramitacións realizadas polo anterior goberno municipal”, engaden.

“Este non foi un feito illado. A piscina Muncipal atópase en proceso de transformación grazas a distintas xestións deixadas en marcha antes da moción de censura. Entre elas destaca tamén a renovación integral dos aparatos do ximnasio„ actualmente en proceso de licitación. Unha actuación financiada cun convenio de 50.000 euros, asinado por María Loureiro como Alcaldesa e o Presidente da Deputación a través dun convenio extraordinario para a promoción do deporte e instalacións deportivas”.

“Estas actuacións amosan que o anterior goberno municipal traballaba con planificación en compromiso cós veciños e veciñas. Un Traballo sério que, malia as críticas infudadas do Partido Popular e o seu principal apoio de Por Viveiro, agora se está materializando. Resulta evidente que os tempos da administración son os que son, e que as cousas non se executan da noite para a mañá”, apuntan.

“Unha ver máis queda demostrado que o actual goberno do Partido Popular vive da inercia e do traballo realizado polo anterior executivo encabezado por María Loureiro. A súa estratexia de desprestixio non se sostén fronte á realidade: os feitos falan por si mesmos”, conclúen.

Exit mobile version