Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas lembran que “o local cecido pola Xunta ao Concello de Viveiro foi unha xestión do anterior goberno”

Viveiro, 15 de xullo, 2025. Nos últimos días tivo lugar un acto institucional no que o Delegado Terrritorial da Xunta de Galicia fixo entrega ao Concello de Viveiro dun local situado no casco histórico situado na rúa Rosalía de Castro propiedade da administración autonómica destinado a uso municipal. Un espazo que, sen dúbida, será útil dada a carencia de baixos dos que dispón o Concello para o desenvolvemento de diferentes serivizos e actividades.

Porén, dende o grupo socialista “queremos deixar claro que esta cesión non é froito dunha varita máxica do actual goberno local, senón o resultado dunha xestión realizada polo anterior equipo de Goberno presidido por María Loureiro. Hai aproximadamente un ano a exalcaldesa María Loureiro e Miriam Bermúdez desprazáronse a Santiago á Consellería de Vivienda para tratar distintos asuntos, entre eles a situación da Casa dos Mestres para poder facer viviendas sociais e a solicitude expresa de este local, negociando un alugueiro simbólico e asumible para o Concello”.

“Cando nos botaron do Goberno o Expediente xa estaba rematado, aportando todo o que nos esixían. Agora hai uns días simplemente se formalizou a entega, da que nin sequera fomos informados, nin invitados, a pesar de tratarse dunha xestión iniciada por nós e que demostra uunha vez máis o traballo constante que realizamos durante o noso período á fronte do Concello”.

“É importante lembrar que, fronte aos intentos de desprestixios por parte da oposición de aquel momento, agora goberno, o equipo socialista con María Loureiro á cabeza estaba a traballar en melloras reais para Viveiro”.

“Esta cesión aínda que o queiran ocultar á veciñanza é unha mostra máis de que se traballaba e se deixaraon proyectos listos como agora se está a comprobar”.

Desde o Partido Socialista de Viveiro “celebramos que esta xestión chegue a bo porto”.

“Esto é unha mostra máis de que o novo goberno do partido popular nestes 4 meses non presentou nin unha soa iniciativa, nin un só proxecto para Viveiro novo. Todo o que venden e publicitan a través de fotos son xestións do anterior goberno Socialista”.

Exit mobile version