Na xornada de onte, as persoas participantes gozaron dunha completa visita guiada da man de Ana, de Guía tu día, quen acompañou ao grupo por varias parroquias como Bacoi, Carballido, Adelán ou O Castro. Ao longo do percorrido, as persoas asistentes camiñaron polas beiras do río Ouro e descubriron a historia que envolve as casas señoriais e pazos, os pombais, cruceiros, fontes e igrexas.
A ruta culminou na parroquia do Castro, onde puideron contemplar o emblemático Castrodouro e o seu Castelo, unha xoia patrimonial que continúa a espertar interese entre veciñanza e visitantes.
Precisamente este será o emplazamento proximamente da vintecinco edición do Mercado Medieval que se celebrará a noite do 18 e 19 de xullo. Entre unha completa e variada programación, o sábado 19 haberá unha visita guiada dirixida a grandes e pequenos.