Os “Contos do Valadouro” son unha colección de contos e lendas populares, en total 350 relatos, recollidos polos autores ao longo dos anos nos concellos de Valadouro e Alfoz de Castrodouro.
Esta obra ten a peculiaridade de ser a colección de literatura popular máis extensa das publicadas en Galicia e figura nun rexistro da Universidade de Helsinki (Finlandia).
O libro será presentado por un dos autores, Xesús Pisón, acompañado do novelista Lionel Rexes e o músico Mano Panforreteiro.