Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada a segunda edición das rutas guiadas de Xove para este verán

Xove, 1 de xullo 2025. O Alcalde, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo, Cecilia Duarte presentaron esta tarde o novo programa de rutas guiadas da empresa Rutas Galicia Norte, unha iniciativa turística e educativa que invita a veciños e visitantes a coñecer a riqueza natural, cultural e histórica do municipio.

O proxecto impulsado pola área de Turismo e Medio Ambiente, inclúe unha serie de percorridos a pé por paraxes naturais, sendeiros tradicionais e puntos de interese turístico. Estas rutas estarán acompañadas por un guía especializado, Boris Vilar Vidal, que ofrecerá explicación sobre a flora, fauna, xeoloxía e patrimonio local, promovendo o respeto polo entorno e o coñecemento do territorio.

“Queremos destacar a importancia de fomentar un turismo sostible que poña en valor os recursos naturais e culturais do noso municipio, ao tempo que ofrecemos aos nosos veciños, a oportunidade de redescubrir o seu entorno máis cercano”.

As rutas serán os seguintes días:

VENRES 18 DE XULLO – RUTA DOS MUIÑOS DA RIGUEIRA, etnografía e crenzas dos habitantes do río.
XOVES 24 DE XULLO – ACANTILADOS DE PAPEL, COSTA CON NARRATIVA, caza de baleas e a fascinante Ansarón.
XOVES 7 DE AGOSTO – SAN TIRSO DE PORTOCELO, UN ENCLAVE ÚNICO, arqueoloxía e pareidolias en Roncadoira.
XOVES 21 DE AGOSTO – ESTEIRO DE XOVE, XEOLOXÍA SINGULAR, a paisaxe de Muiñelo a Punta da Mansa.

A inscripción será gratuita e pódese facer dende xa a través do e-mail rutasgalicianorte@gmail.com .

Con esta iniciativa, o Concello de Xove busca reforzar a identidade local, promover hábitos de vida saudables e dinamizar o turismo de natureza de forma sostible e respetuosa.

Exit mobile version