Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematadas en Ribadeo as obras de mellora da rúa Illa Pancha e do Parque de San Miguel

Ribadeo, 18 de xullo de 2025. Rematadas as obras de mellora da rúa Illa Pancha e do Parque de San Miguel.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “rematamos as obras da rúa Illa Pancha. Todos eramos coñecedores da situación na que se atopaba. E despois de escoitar aos veciños tomamos a decisión de xestionar o orzamento 100% financiado pola Xunta de Galicia. É unha importante e necesaria obra porque presta un servizo evidentemente a todos os veciños que viven nese entorno e tamén á estación de autobuses. E tiñamos que investir para mellorar todo este entorno, para mellorar evidentemente o pavimento da rúa Illa Pancha. Fixemos unha xestión ante a Xunta de Galicia, unha obra financiada 100 % pola administración autonómica”.

O rexedor contou que tamén están listas as obras do Parque de San Miguel: “e rematamos as obras de mellora do Parque de San Miguel, tamén financiado 100% pola Xunta de Galicia. O que fixemos nesta segunda parte de inversión foi dotar de seguridade todo o perímetro do parque, tamén dotar de equipamento e mellorar o acceso entre a estrada do Cargadeiro co Parque de San Miguel, con esa soleira rematada en pedra. É unha obra tamén de mellora dun entorno público que debemos agora conservar, evidentemente, por parte da administración facer o mantemento, pero tamén como veciños coidar este parque, que é importante para todos. É un parque que está nunha zona idílica, cunhas vistas inmellorables á ría de Ribadeo”.

Vega engadiu: “son zonas que estaban moi deterioradas, moi destrozadas e o que fixemos foi escoitar aos veciños, xestionar o orzamento diante da Xunta de Galicia e agora mellorar con estas obras. Continuamos mellorando espazos de Ribadeo e continuamos xestionando orzamento para que Ribadeo siga avanzando”.

Exit mobile version