Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou en Ribadeo a xuntanza de traballo do proxecto europeo Theide, que coordina Apaga, e na que participaron profesores de Turquía, Croacia, Italia e Portugal

Ribadeo, 18 de xullo de 2025. Rematou en Ribadeo a xuntanza de traballo do proxecto europeo Theide, que coordina Apaga, e na que participaron profesores 14 profesores chegados desde Turquía, Croacia, Italia e Portugal de centros educativos socios da asociación ribadense.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “foron intensas as xornadas de traballo que desenvolvemos estes días. Agora queda pendente o informe final deste proxecto que faremos en setembro ou outubro” e subliñou que “nas webs dos centros participantes no proxecto Theide e na web de Apaga estarán dispoñibles en aberto e de xeito totalmente gratuíto os materiais que elaboramos sobre o hidróxenos nos vehículos para que quen o desexe os poida empregar”.

Ademais de traballo houbo tempo tamén para amosar os potenciais turísticos da Mariña lucense e do Occidente asturiano. Os asistentes a este encontro visitaron o Museo do Mar, de San Cibrao, a praia das Catedrais, en Ribadeo, ou Taramundi, entre outros enclaves. Doural dixo que “a experiencia foi moi positiva, marchan moi contentos da súa estadía aquí. Algúns repetían, pero para outros era a primeira vez en Ribadeo. Todo saíu moi ben”.

Exit mobile version