O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12:40 horas, a través da chamada dun particular que solicitaba axuda urxente. Segundo relatou, el e unha acompañante atopábanse agarrados a unha boia a uns 200 metros da beira, tras sufrir unha picada na embarcación na que viaxaban.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.
Pouco despois, os servizos de emerxencia confirmaban o rescate exitoso do home e da muller. A pesar de atoparse ambos en bo estado, solicitouse atención sanitaria para a muller, que presentaba un episodio de nerviosismo derivado da situación, polo que desde o 112 Galicia tamén se informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.