O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliña que “estamos encantados co novo éxito da selección sub 18 de baloncesto feminino, que fixo a preparación para esta importante cita en Ribadeo. Estiveron aquí concentradas do 9 ao 22 de xuño”.
O edil ribadense sinala: “queremos aproveitar para felicitar ás xogadoras e ao corpo técnico por conseguir este campionato de Europa e agardamos que volvan elixir Ribadeo en sucesivas ocasións para a súa posta a punto. En Ribadeo hai moita afección polo baloncesto e que as nosas nenas e os nosos nenos teñan a oportunidade de ver a estas rapazas de preto, tanto en adestramentos como en torneos profesionais é moi importante”.