A nova executiva local queda integrada polos seguintes cargos:
Secretario Xeral: Ruben García Freije
Secretaria Organización: Alicia Yanes Maseda
Secretaria Política Municipal: Rosa María Perez Prieto
Rubén García Freije, actual alcalde de Trabada e concelleiro dende 2015, asumirá agora a responsabilidade de liderar a organización socialista a nivel local. A súa traxectoria está marcada polo compromiso coa veciñanza e a defensa dos servizos públicos no rural, ámbitos nos que continuará centrando o traballo da nova executiva.
Durante a súa intervención, Rubén García agradeceu a confianza da militancia e subliñou que “é un orgullo seguir traballando por e para Trabada, con compromiso, honestidade e proximidade”.
A nova dirección local do PSdeG-PSOE comprométese a seguir mellorando os servizos municipais, fomentar a participación veciñal e apoiar o desenvolvemento económico e social do concello.