Un motorista perdeu a vida ao colidir contra un coche en Ortigueira
redac
Nada se puido facer por salvarlle a vida. O 112 Galicia foi coñecedor deste suceso uns vinte minutos antes das 14:00 horas deste domingo, momento no que un coche e unha moto colidiron, co motorista inconsciente logo do impacto. Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ortigueira, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os medios acudiron ata o punto, no quilómetro 49 da AC-862, pero só puideron confirmar o falecemento do motorista.