Os feitos iniciáronse o pasado mes de maio, cando o infractor denunciou varios cargos, segundo el fraudulentos, os cales se efectuaron nunha conta bancaria da que é titular.
Tras iniciar unha investigación constátase que as circunstancias que rodean á denuncia presentada eran bastante afastadas da realidade, verificando os axentes que os cargos bancarios correspondíanse con apostas realizadas nunha páxina web especializada neste tipo de actividades, as cales foran efectuadas e autorizadas polo propio denunciante a través doutra persoa, precisamente co obxecto de ocultar a súa participación e así posteriormente tentar recuperar o diñeiro investido, reclamándoo como unha actividade fraudulenta cometida por terceiras persoas na súa conta bancaria, previa a presentación da correspondente denuncia por estes feitos ficticios.
As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.