Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolle un curso de prevención de riscos laborais no sector forestal con participación da brigada de xardíns municipal

Viveiro, 18 xullo de 2025. Este venres tivo lugar en Viveiro a clausura do curso de prevención de riscos laborais no sector forestal, centrado no manexo seguro da motoserra e a rozadoira, organizado pola Xunta de Galicia a través do ISSGA.

O curso desenvolveuse de mércores a venres e contou coa participación de traballadores e traballadoras da brigada de xardíns do Concello de Viveiro, dentro dunha acción formativa dirixida a mellorar a seguridade e o manexo de ferramentas de risco no ámbito forestal.

Á clausura asistiron, Pablo Fernández, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Adela Quinzá-Torroja, xerente do ISSGA, Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, Myriam Garabito Cociña, xefa do Centro do INSGA de Lugo, e Álvaro López Aenlle, xefe de Equipo de Seguridade de Saúde Laboral do INSGA de Lugo.

O Concello de Viveiro agradece a colaboración da Xunta de Galicia para facilitar esta formación específica e útil ao seu persoal, que repercute na calidade e seguridade dos servizos municipais prestados.

Exit mobile version