Desenvolverase durante os días 4, 5 e 6 de xullo e contará cunhas corenta actividades
Durante os tres días que durará a iniciativa, o centro histórico de Viveiro transformarase nun espazo cheo de cor, música e personaxes propios doutro tempo. O programa inclúe pasarrúas, actuacións de grupos locais como Bágoas da Terra, e animación de rúa a cargo de formacións como Gaeloc e Skaldir. O Recuncho Infantil, con atraccións ecolóxicas, estará dispoñible en horario de mercado para o público máis novo.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, destacou que «esta cita xa consolidada no calendario cultural supón unha oportunidade para dinamizar o comercio e a hostalería local, ao tempo que permite poñer en valor o noso patrimonio histórico e atraer visitantes á nosa vila».
«Viveiro converterase de novo nun escenario aberto onde a historia cobrará vida; agardamos que veciños e visitantes desfruten dunha fin de semana chea de maxia, música e tradición», engadiu a rexedora.
Programación do Mercado Renacentista
Venres, 4 de xullo
18.00 horas: O mercado cobra vida.
20.00 horas: Desembarco de Carlos V na praia de Covas.
21.00 horas: Comezo do pasarrúas inaugural desde a praia ata a Praza Maior.
22.30 horas: Pregón inaugural e actuación de grupos musicais co grupo de baile Bágoas da Terra.
23.00 horas: O mercado pecha as súas portas.
Sábado, 5 de xullo
11.00 horas: Apertura do mercado.
11.30 horas: Ruada musical – Skaldir.
12.00 horas: Gaia natureza.
12.30 horas: Soa a música – Gaeloc.
13.00 horas: Retumban os tambores – Skaldir.
13.30 horas: Contacontos do bosque máxico.
13.45 horas: Música de antano – Gaeloc.
14.30 horas: Parada para o xantar.
18.00 horas: Ruxen os tambores – Skaldir.
18.30 horas: Show de acrobacias aéreas e malabares.
18.45 horas: Música renacentista na rúa – Gaeloc.
19.30 horas: Soa a música – Skaldir.
20.00 horas: Os feiticeiros percorren a rúa.
20.15 horas: Séquito musical – Gaeloc.
21.00 horas: Música no mercado – Skaldir.
22.00 horas: A noite en chamas – espectáculo de lume.
22.30 horas: Música antiga – Gaeloc.
23.00 horas: O mercado despídese ata mañá.
Domingo, 6 de xullo
11.00 horas: Apertura do mercado.
11.30 horas: Son doutros tempos – Skaldir.
12.00 horas: Gaia e bosque encantado.
12.30 horas: A música chega ó mercado – Gaeloc.
13.00 horas: Retumban os tambores – Skaldir.
13.30 horas: Os comerciantes percorren as rúas.
13.45 horas: Música de antano – Gaeloc.
14.30 horas: Parada para o xantar.
18.00 horas: Chega a música – Skaldir.
18.30 horas: Contacontos.
18.45 horas: Son de tambores – Gaeloc.
19.30 horas: Soa a música – Skaldir.
20.00 horas: Bestiario coa deusa Branca e o fauno.
20.15 horas: Séquito musical – Gaeloc.
21.00 horas: Música no mercado – Skaldir.
22.00 horas: Os diaños.
22.30 horas: Música tradicional – Gaeloc.
23.00 horas: O mercado despídese ata o vindeiro ano.